enerxía escura

Lotte Reiniger vivía nas sombras e das sombras e, quizais por iso e por ter sido alemana no convulso inicio do século XX, pouco se sabe dela. Antes de Tex Avery e Disney, Reiniger traballa co peculiar sistema de animación traído de China: o teatro de sombras. A diferenza é que ela grávao para cine foto a foto, micromovemento a micromovemento e realiza a primeira longametraxe denominada, con xustiza, de animación: Die Abenteuer des Prinzen Achmed [As aventuras do príncipe Achmed], de 1926.

No youtube poden atopar bastantes curtas dela. Ultimamente, un novo usuario subíu algunha máis, incluíndo ballets de filigranas a cor como o de Helen la Bélle, con rampantes perfís gregos e troianos e marabillosas desproporcións. Aquí enlazo unha de sombras: Galathea ou a estatua de mármore que cobra vida [Das lebende Marmorbild], un relato baseado no mito de Pigmalión. Os motivos musicais dos personaxes seméllanme moi coidados,  así como a estética de vaixela grega e o carácter dos protagonistas. O argumento está tratado cun delicioso humor.

2 pensamentos sobre “enerxía escura

  1. A min resultoume todo un descubremento a exposición que lle adicaron na fundación Luis Seoane o ano pasado, tanto porque non tiña nin idea da existencia desta muller como pola riqueza e diversidade do material alí mostrado. Curiosamente, aínda que a súa época dourada xa pasara había moito tempo, as colaxes que seguía facendo nos seus últimos anos deixáronme alucinado. É o bo que ten ir ver aquelo que non coñeces, que ás veces sorpréndete gratamente.
    Por certo, na Alemaña daquel tempo coincidiron outras Lotte non menos interesantes e máis coñecidas, Lotte Lenya e Lotte H. Eisner.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: