El musgo que indica el norte. Ediciones QVE. Haibooks.
É o debut como escritor de Luis Carril. A súa estación total. Porque antes que nada é topógrafo. É como unha consecuencia desa aparatoloxía e xeolocalización constante que este tipo escriba haikus.
[podemos darlle a volta á cousa: Porque antes que nada é haijin. É como unha consecuencia desa aparatoloxía, climatoloxía e métrica constantes que o tipo exerza de topógrafo]
Si. Así mellor.
Os demais, coa tardiña,
fóronse indo.
Neno na neve.
_____
Un paso máis
e non se oirán os chíos.
Só a fervenza.
_____
Ollando o campo.
Chega ao meu lado un can.
Non sei de ónde.
[tradución a galego polo autor]
_____
_____
Vello xadrez.
O balor preferiu
as pezas negras.
_____
Pasa unha brisa.
Despenteáme e logo
arrola o freixo.
_____
Dous supersónicos.
No ceo fica un xis
evaporando.
_____
Amigos checos.
Cantigas de borrachos
nun outro idioma.
_____
Vello nun banco.
Logra dar levantado
como á terceira.
_____
Calma nas termas,
paz mesmo na mosca que
flota afogada
_____
Piñeiral rexo
por entre os rexos troncos
chuvisca oblicua.
_____
Marchou a feira.
Por aquí andaba un posto:
o das especias.
_____
Saír o último.
Queda alguén? digo en alto.
Que estraña voz.
[tradución ao galego de E…E]
Estes son algúns dos haikus do libro, que conta tamén con pequenas historias, estampas que funcionan como haikus desenvolvidos, como haikus con trama. Para nenos e maiores.
Poden adquirir exemplares na Libraría Xiada, Avenida Finisterre, 78. Na Cristal Vila [A Coruña]