…de feito, moitos só aspiraban a saír dun texto canto antes para entraren de contado na eternidade.
A ela acontecíalle algo similar, mais simétrico: aspiraba a entrar nun texto para que non a alcanzase a eternidade. Abrir a porta dun texto coma o dunha gruta. E que a eternidade pasase fóra zoando, como faría un trebón, unha epidemia, unha guerra.
Hai moitos xeitos de exercer de inxenua intentando ser eterna. Escribir só é un máis.
