orionés

No centro da nebulosa da constelación de Orión hai unha mancha de tinta. Onte vina, claramente, dende o meu telescopio. Pensei por un momento que a súa lente estaba sucia, así que o desmontei con coidado e limpeino. Volvín achegar o meu ollo, o ollo ao telescopio. Encadrei Orión. Aquilo seguía alí e, seguindo a súa natureza de mancha de tinta, estendíase polo tecido de gas e po cósmico como se estendería polo entramado dunha vella folla holandesa.
Esta mañá espertei con esa mancha de tinta no centro da miña cabeza. Estendeuse polo corpo meu como aceite. Troceoume en frases, transformou o meu pelo en adxectivos e os iris meus en dous puntos e aparte.
Mutoume nisto que sostés e abúrrome soberanamente agardando a que alguén, armado cun telescopio orionés, me descubra, me lea.
E esta mancha de tinta quente pase a ser dunha vez o seu problema.

by Karel Thole

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: