
Moitas veces preguntáronme que significan en min os puntos supensivos. Aparecen por vez primeira nun verso do nanociclo -acabo de inventar iso- Os poemas da bela dormente, recollido en -orama [Se dixese de min un signo, diría puntos supensivos]. Ese verso apuntaba aos ollos do que estaba sen rematar, o incompleto da muller sen o recoñecemento da súa parte masculina, nun momento no que se facía moito fincapé teórico entre as diferenzas insalvables entre sexos, algo que non comparto por completo.
Algo máis tarde, incoporei os puntos [Calidonia dixérame que en portugués chámanos reticências, unha designación perfecta] suspensivos á miña sinatura no DNI. Noutras ocasións, noutros textos, figuran como metáforas da suspensión dos textos, da palabra contida ou a punto de, da miña inclusión nunha xinea, nunha estirpe, veño de algo e desemboco en algo, de algo que non é palabra pero tradea o texto: do innomeable: do inminente: do que proseguirá sen min.
E doutras cousas que non é preciso que conte.
Dende que petrifiquei contigo na conferencia busqueite por estes lares cibernéticos, un blog, outro, un video, outro video… deixei un comentario no blog dos contos da bela adormecida, e reparei de que non o abres dende fai…3 anos!! se cadra, fun condenada a misioneira de , sen querer, facerche retroceder no tempo e entrar, só pola curiosidade de que puxo unha tola estudante sobre ti nun blog de fai tres anos.
Parabéns outra vez, polas túas palabras, as túas pausas, a túa voz e o teu mundo interior.
Non sabes cánto agradezo as túas palabras, A.,por razóns que che respondo máis polo miúdo no blog de hai tres anos.
Xa me fixeches, dalgunha maneira, gañar o día. Agora, permíteme, o sorriso imbécil lévoo eu.