concomitancias

fotograma dunha peli calquera

 

[texto por completo alleo a este fotograma]

Nun bar de escritores.
_E a que me dixeches que te dedicabas?
_Non cho dixen. Son recheador.
_…
_ De novelas. Son recheador de novelas. Rechéoas.
_ Non entendo moi ben en que consiste.
_ A novelista desespérase porque, para que o seu ego funcione correctamente, ha de encher 1000 folios e nada máis leva 800. Só se desespera abondo, chámame a min.
_Ah. E que fas entón?
_Pois… descargo as miñas tintas con metáforas manidas, espeto diálogos, silicono as físgoas do argumento, talvez incoporo á morcilla algún personaxe fillo-de-puta. Malvendo adxectivos, desde logo. Van baratos no mercado do recheo. Non pagan moito. E logo méchoo todo de sexo e violencia. Prenden con facilidade.
_ Parece un traballo arduo
_ É. Correspóndeme agora revelándome o teu, se non che imp…
_ Podador. Podador de novelas.
_…
_ Métome na cama da novelista unha vez que marchas ti

3 pensamentos sobre “concomitancias

  1. Sobre a foto (obviamente):
    A expresión dos rostros no momento de comprenderen por fin o übermenchs como tarefa, como tránsito e como ocaso, como ponte e como constante punto de partida entre o home que supera e a afirmación rilkeana da vida. Verdadeiramente fascinante. Ela, sen dúbida, é unha superwoman. E el… de superman para arriba. Lástima que a auga do fondo teña ese azul clorado e que non pareza en absoluto potable. Polo demais, para bigotes os de Nietzsche.

  2. Recheador de novelas. Non sabía dese ingrato e imprescindible oficio literario. Agora comprendo todos eses códigos da vinci, historiadoras, pilares da terra, cheos de páxinas e máis páxinas. ¿Qué tería sido, pregúntome, de Augusto Monterroso e o seu dinosaurio de ter contratado a un recheador de novelas? Mesmo podería ter gañado o Planeta.

  3. Bueno, vivimos unha época de grandes novelas infinitas, de historias interminables, de bromas infinitas. Algún mecanismo ha de haber que as asocie a todas elas.

    Momento cita – e a cegas porque cito de memoria-: Woody Allen dicía que adoitaba crear as súas películas partindo dunha secuencia nuclear a partir da cal medraba o argumento – cando lle escoitei dicir iso entendín por qué en moitas das súas pelis el se beixa con mulleres impoñentes… esa é a secuencia nuclear! O resto da peli non é senón escusa-. O caso é que, partindo do dinosauro de Monterroso pódese facer unha saga se se quere, tes razón. O ton desa saga dependerá do feito de se esa frase é a primeira da novela, a derradeira ou unha calquera perdida no medio dunha selva de frases prehistóricas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: