Alfred N. inventa a dinamita

 

perfumes con esencia de tinta, suor e premio

 

Odio dicir isto, pero non o odiarei tanto cando, malia todo, o digo: a concesión do N. a M. V. LL. supón un golpe de efecto contra o chavismo.

Pero é demasiado tópico intentar desprestixiar os N. relacionándoos cunha marea política de tal ou cal signo. Os N. premian extraordinarios escritores, gusten ou non.

É evidente que Vargas Llosa merecía o N. tanto como probablemente García Márquez merecía o ollo morado. Vargas Llosa é a encarnación da literatura de raza, a literatura da meticulosidade e a creación de personaxes, unha voz narrativa con peso específico, omnisciencia e clímax de espellos de Dama de Shanghai.  O esplendor non sei se final dun xeito de entender o labor do intelectual como home da res pública. O seu estilo ao narrar semella inmorredeiro, honesto, ligado por completo a un Zeitgeist. Un nicho predeterminado na historia tal e como a entendemos.

Quén sabe o que durará. Cómo envellecerá. Quén e cántos o lerán. Iso xa é outro cantar.

O karaoke da posteridade.

4 pensamentos sobre “Alfred N. inventa a dinamita

  1. Eu faleille da “falacia da perduración”. Pero iso do “karaoke da posteridade” gústame máis, ten máis resonancias e policromias. Poliédrico, que din agora. Tomo nota.
    Pasamos dunha humanidade na que “Verba volant scripta manent” a outra humanidade na que todo é signo perdurable. Acaso esteamos “orfos de voo” e cansos de permanecer. E a saída máis inxenua sería, sen dúbida, a arte efémera. Mais pode acontecer que non haxa nin saída, nin arte, nin voo, nin tampouco inxenuidade. Só o instante, o momento en que o futuro se derruba sobre o nós no cataclismo do presente, iso que xa foi.
    E iso non é outra cousa que a fotografía (o grafo da luz).

  2. Desculpe, don [ou dona] estrougwsa: non lembro cándo me falou vostede da “falacia da perduración.” Mirei por se era un comentario perdido ou algo así, e non atopei nada. Dígoo por se escribira algo sobre o tema, dado que aquí non chegou.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: