por atención

É innecesario dicir que toda a cultura literaria e musical depende da oportunidade de utilizar intres de vixilia [vixiancia, vela] para ler, escoitar, ensaiar e comparar. Cómpre facer notar: fronte á crítica da cultura e a teoría da decadencia ao uso, na historia de todas as civilizacións nunca se investiron tantas unidades de tempo como na actualidade na lectura de libros, revistas e xornais, na escoita de música de toda clase, na contemplación de programas de televisión, películas, tertulias, obras de teatro, cabarets, rifas de estado, etcetera; nunca exerceron tanto número de cantantes e instrumentalistas do máis alto rango; a cantidade de novelistas, poetas, actores, directores e artistas de todos os niveis e categorías atópase hoxe a un nivel histórico máximo [só os oradores profesionais desapareceron practicamente]; a absoluta maioría das orquestras, óperas, coros, grupos de baile, de teatro están activos hoxendía. Todos eles presupoñen segmentos de público que están dispostos a intercambiar diversión, arte e información por atención.

P. Sloterdijk, Esferas: Espumas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: