La Poesía

by Sandra G. Rey ©, da súa serie de locais pechados

Recibo este agasallo: a imaxe dun lugar que xa non existe. La Poesía.

Nunha das pintadas da fachada aparece o prefixo teléfonico da cidade seguido dunha sinatura hip-ilexible-hop.

Fíxome nas pintadas que incluén cousas así. Números. Prefixos. Coordenadas polares.

A tenrura de algo local, teñen.

Deixar un comentario