Rebelámonos contra o que consideramos imposto para axudarnos a esquecer que case todo nos foi, é e será imposto algunha vez.
A liberdade: non sei se foi algunha vez unha palabra cun referente real. Comporta coma un valor en bolsa. Unha especulación.

…Estíbaliz Espinosa… palabra ciencia canto
✍ literatura | astronomía | ciencia | música
Rebelámonos contra o que consideramos imposto para axudarnos a esquecer que case todo nos foi, é e será imposto algunha vez.
A liberdade: non sei se foi algunha vez unha palabra cun referente real. Comporta coma un valor en bolsa. Unha especulación.

Tes unha conta de WordPress.com? Inicia sesión agora.
Da liberdade, di Cioran que é un sentimiento ético de orixe diabólico. Non podo poñer a cita textual porque non a atopo, pero coido que ten moita chicha.
De paso que reivindico a miña existencia por estes lares, cito a alguen que parece estarse a poñer de moda. É curioso o dos escritores ‘chic’, unhas épocas eres un proscrito outras tornas nun autor alternativo e mesmo se cadra, de culto [posto en boca das autodenominadas minorias cultas].
Cioran sempre tivo moita chicha. Só escribe chicha, de feito. E, para o meu gusto, non é cutre salchicheiro [e a miña cota de xogos de palabras de hoxe xa vai cumprida].
Curioso que consideres a Cioran un escritor chic. Pero levas razón niso de que non se sabe moi ben en qué estatus anda. Eu atopei xente que o adoraba e xente que o odiaba.
En fin, que xa é como un caramelo que, cando chega a ti, vén chupado por todo o mundo.
Grazas por comentar, Quique.