ti es o que escribes

En internet, ti es iso que escribes.

Ben sei que xa o dixen moitas veces, pero é que debo escribilo máis unha vez: aquí, neste reino binario, ti es o que escribes, máis nada, restras de letras

[Stevenson dicía, dicía Borges, que un personaxe só era unha restra de palabras]

pausas, intermitencias, un tipo de letra, ti es ata unha tipografía e un fondo de pantalla, ti es a mutación total

[Carne de píxel é un título moi gráfico do que veño dicindo]

a mutación total, a autómata total, a que precisa xa non unicamente da tecnoloxía colectiva da linguaxe oral para comunicarse

senón da tecnoloxía colectiva da escrita coral.

Levo anos, anos levo repetindo o mesmo en diferentes blogs, poemas, agros, textos e prazas de abastos. Son un repetidor automático pagado pola idiota criatura Estíbaliz…Espinosa para repetilo ata os infinitos.

minha infinito

Deixar un comentario