O día da muller.
Cal? Sodes moitas.
A filla? A nai? A irmá pequena de todos? A ex?
A que debería escandir un filete, torar un texto? A ermitaña? A milf?
A que non depilou as pernas? Pero si a lingua? A que xa non é desexable? A que desexa? A que xa non?
A que vai tapada? A que vai espida? A que á miña idade é anciá? A que comeza a vida á miña idade? A outra? A que non se me ocorre?
A das escuras motivacións? A inxenua? A acomplexada? A bipolar?
A do talento en forma de lousa?
A morta remorta?
Hoxe é o meu día. Sento a contemplalo nunha cadeira á que chamo Skeptic e, se fora que fumase, de verdade que hoxe fumaría.

Que grande o artigo de Fran P. Lorenzo. Cito as súas palabras:
Mulleres díscolas estas, que non agradecen o moito que os homes as axudan nas tarefas do fogar, para que poidan buscar un traballiño e realizárense como escravas doutros homes, dentro e fóra da casa. Demo de mulleres, ingratas mulleres..!
Gustoume !.
Obrigata
mmm eses labios son teus?