o clic 2

Hai ollos que fan clic.

Polo xeral, mirámonos coma os peixes nun mesmo posto da praza: sen moito aquel. Cruzámonos cada día con centos de ollares, botados, embotados,  rebotados, e case ningún nos di nada. Nin o noso di nada aos demais.

Pero hai ollos que fan clic. Colocas un rato imaxinario enriba deles e conteñen ligazón, hipervínculo. Link.

Eses son os imprescindibles.

Deixar un comentario