Hai ollos que fan clic.
Polo xeral, mirámonos coma os peixes nun mesmo posto da praza: sen moito aquel. Cruzámonos cada día con centos de ollares, botados, embotados, rebotados, e case ningún nos di nada. Nin o noso di nada aos demais.
Pero hai ollos que fan clic. Colocas un rato imaxinario enriba deles e conteñen ligazón, hipervínculo. Link.
Eses son os imprescindibles.