casa de citas [intergalácticas] XXXII

Cando o universo entra nesa aparente etapa final – que ben podería chamarse a “era moito aburrida”- parece que xa nada de grande interese lle resta por facer. Os sucesos máis excitantes previos a esta era serían os “pops” finais dos derradeiros remanentes minúsculos de furados negros, que finalmente desaparecen [suponse] logo de ter perdido amodiño a súa masa toda mediante o proceso penosamente lento de radiación de Hawking. Un fica coa terrible idea dun aburrimento en apariencia interminable que agarda as estapas finais do noso grande universo; un universo que noutrora parecera tan emocionante, un fervedoiro ata o fascínio de actividade, moita da cal ocorre dentro de belidas galaxias, cunha marabillosa variedade de estrelas e a miúdo planetas a rentes, entre os que estarían os que albergan algún tipo de vida, coas súas exóticas plantas e animais, algúns dos cales teñen a capacidade de coñecemento e comprensión profundas, e profundas capacidades de creación artística. Mais todo isto desaparecerá en definitiva. Os derradeiros estertores faranse agardar, e agardar, e agardar, quizais 10^100 anos, ou máis, ata o pop final -se cadra coa violencia dunha pequena granada de artillería- seguido de nada senón outra expansión exponencial, que amortece e enfría e baleira e enfría e amortece… por toda a eternidade. Presenta esta imaxe todo canto agarda finalmente ao noso universo?

Pero unha vez que xa me deprimira cismando deste xeito…

Tradución impostada [non directa do orixinal senón da versión castelá] dunha pasaxe de Ciclos del tiempo, de Roger Penrose.

 

A tese principal desta obra é unha alternativa a ese final aburrido e eterno: para Penrose, un novo universo estaría próximo a xestarse nun novo ciclo de tempo, ao que chama eon. É dicir, antes do Big Bang xa houbo algo. E haberá algo logo do final disto que coñecemos. Unha cosmoloxía cíclica constante.

Mentres esa teoría paira no mundo da astrofísica teórica á espera de ser ou non verificada, no planeta Terra conformamos cun belicismo cíclico constante que tampouco acouga.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: