Sempre quixen pasar noite no mítico hotel Cosmos de Moscú. Pero nada. Terei que celebrar o que queda de día da cosmonáutica bebendo un sórdido ruso branco, en plan Nota. Hala. A voar.
O meu estatus de hoxe en Facebook.
Nunha exposición de cosmonáutica soviética da Casa das Ciencias vin hai anos unha reprodución do Sputnik. Crina unha miniatura, pero non, era a tamaño real. Os rusos parece que che fan flotar un parafuso con tres parábolas cruzadas e unha ecuación de Tsiolkovski. Eu creo que chegaron a poñerse en órbita só porque tiñan moitas ganas de facelo, pero non porque aínda contaran con medios e materiais ultraeficaces e seguros.
Comentario que deixara no Facebook

esa nube, oh, esa nube
parece unha imaxe con superzoom vista dende o sputnik…a verdade é que é moi entrañable o boliña esa con bigotes…e moi influínte na cultura occidental. Pero sempre me acordo da sacrificio cruel da cadeliña Laika nun deses trebellos, oubeando cada vez máis impaciente entre as agudas mensaxes telemétricas. Bueno, polo menos tivo unha homenaxe filatélica e o forzado mérito de chegar antes que o home e a muller ao espacio exterior.