era agora, será agora

Como poderemos explicarnos todo isto a nós mesmos,

a nós mesmos que nin sequera nos comprendemos

por completo?

Terían que vir de lonxe para nolo explicar. Era agora cando debería funcionar o programa SETI ou algunha desas inxenuas – pero tan preciosistas- máquinas do tempo. Será agora.

Pero non aparecen. Non veñen de planetas exosolares nin menos aínda do futuro para nos tranquilizar cunha palmadiña no lombo: ides ben, esta ecuación por aquí e esta rebelión por alá… Ben, ben!

Logo ao futuro camiñamos sós.

E non. Xa non se volve.

2 pensamentos sobre “era agora, será agora

  1. Camiñamos sós cara ao máis absoluto enigma… E que zapatos nos poñemos para pisar e manter o equilibio sobre esa terra descoñecida…?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: