un prólogo ou epílogo dun estado de cousas

portada da revista Juxtapoz, California

Tradución do texto de José A. Pérez que abre Españistán: este país se va a la mierda, de Aleix Saló. Un libro de humor/amor/tumor gráfico editado en Glénat. Un vídeo que arrasou en 6 días nas redes sociais. Un prólogo tristemente brillante.

Benvidos a Españistán

Benvidos ao país co mellor sistema educativo de toda África. O país das hipotecas crecentes e os soldos minguantes, unha democracia nova que o mesmo che patenta a fregona que che chanta un adosado sobre unha foxa común por aquilo de pecharmos vellas feridas.

Benvidos ao país cos directivos mellor pagados de Europa e a taxa de paro máis alta do mundo libre. O país onde o 65% do diñeiro circula en billetes de 500, a nación de nacións con máis idiomas, bailes rexionais e cocaína por habitante do planeta. A capital mundial do currículo vitae, o neón nos baixos e o inglés nivel medio, orgullosos inventores da hipoteca a cincuenta anos e o minipiso churrusqueiro pero asfixiante.

Benvidos a este fantástico país onde os enxeñeiros son parias e as chonis líderes de opinión, mentiendes? Onde a innovación é un anglicismo e a prensa un conglomerado de propagandas con sudoku adxunto. O país onde os políticos inauguran escampados non vaia ser que alguén, algún día, monte aí un hospital.

Digan ola aos nosos xuíces progresistas e aos nosos xuíces conservadores. Somos tan demócratas que todo o temos bipolar. Aquí os poderes do Estado están separados por paneis corredizos de Pladur para axilizar a trasfega de maletíns.

Contemplen o milagre económico erixido con poderosas trabes de area de praia! Se non che presta como están as cousas, manda un SMS co texto A GRANDE FESTA DA DEMOCRACIA e entrarás no sorteo dun contrato como man de obra barata máis aló de Pirineos.

Tomen asento e gocen do país onde a corrupción é avalada democraticamente, o balcón dende o que Europa chimpa á piscina con resultado de traumatismo cranioencefálico e repatriación de cadáver.

Berren comigo: baixo as lastras están as máquinas perforadoras compradas ao curmán do alcalde!

Benvidos a Españistán.

Jose A. Pérez

Tradución ao galego de Estíbaliz Espinosa

Madrid, Sol

2 pensamentos sobre “un prólogo ou epílogo dun estado de cousas

  1. Moitos termos oíra o Edelmiro para denominar o Estado español. Nunca Españistán. Pero acolleuno.

  2. Ben certo, Edelmiro. Españistán é novo. Houbo quen o acusou de “racista” [e quizais un certo cheiriño a “Borat” tamén ten]. Pero vai con acerto porque nos devolve ás estepas habitadas por xitanos das que vimos [ou veñen]. Esta España cañí nosa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: