that I speak no more
and my voice be still
as it was before
I will speak no more
I shall abide until
I am spoken for
if it be your will.
Se esa é a túa vontade
que eu non fale máis
que a miña voz cale
como antes calou
xa non falarei máis
ficarei aquí ata que
se me pida falar
se esa é a túa vontade.
A versión de Antony deste tema de Leonard Cohen [con eses coros de mulleres tan Cohen] subindo nun coche a 130 110. Estremézanseme na parte final do tema. Non teman [do 3’30” en adiante].
Estíbaliz,
E a versión anxelical das Webb Sisters, coñécela? Desacelerando…
Moitas grazas. Non o coñecía, non.
Anxelical total. Outro estilo, menos obsesivo, menos “terrestre”, menos carnal, non? A verdade é que prefiro a de Antony, pero a harpa é un dos meus instrumentos preferidos.
Con todo, escoitar a ladaíña na voz de Cohen ao principio é o máis charming, penso. Moi cautivadora esa voz grave, a voz do abatemento.
Despois de décadas oíndo a Leonardo (a familiaridade provén de que son amigo dunha ex-noiva súa da época dos sesenta, muller, por certo, á que lle dedicou unha das súas máis célebres cancións) o meu repertorio Cohen á día de hoxe redúcese a un par de cancións. Diamonds in the mine (onde aparece o Cohen máis afastado de si mesmo, lonxe do estereotipo (habería que pór stereo-tipo?), un goliardo do Cohen máis canónico, e por suposto a marabillosa, mirabiliosa, True love leaves no traces (pertencente a un disco que ten moito que ver co título dun libro meu), esta última producida polo sinistro Phil Spector.
Ah, esquecíame dos violíns xudeus centroeuropeos de The guests e The window, que tanta melancolía esparexeron alá polos finais dos setenta e principios dos oitenta.
paréceme fermoso, de mais para que eu cale…xa.
estrougwsa: escoitando o tema do segundo vídeo, con ese tempo musical de playboy setenteiro e a foto da portada do disco, a verdade é que penso -un pouco por polemizar- que a diferenza entre Julio Iglesias e Leonard Cohen radica en que este escribe con frases subordinadas… pero pouco máis.
A portada do disco di: con estes mofletes caídos de can trovador, aínda me dá para tríos. Non podo evitalo. Chinchade todos.
En fin, non sei. Por un momento lembroume a esa pose irritante de Julio Iglesias cando di que el ama moito ás mulleres. Si. Como os faraóns amaban aos seus escravos nubios.
De todos modos, é ata tenro comprobar que boa parte da música do século XX baseara nun marketing sexual de inducción: as imaxes e videos de calquera cantante ou crooner, así fose feo coma un croio e co sex appeal dun rape desventrado na praza, situábano nunha posición sexual privilexiada. Era como alimentar profecías autocumpridas: se me presento a min mesmo rodeado de mulleres, zas! as mulleres rodearánme. Non sei se Frazer tería nome para iso: maxia simpática?
Profecías autocumpridas. E cumpríronse. Cumpríronse.
Bah, só por polemizar
Concordo enteiramente. As portadas dos discos de outrora teñen xa unha lectura felizmente desmitificadora. Por iso lle mencionaba a Phil Spector, produtor doutras mirabilias (como o Imagine de Lennon), e vítima dos excesos que a súa posición social lle permitiu trasladar ao ámbito do erótico. Velaí a raíz do dominio, hoxe metaforizado en Berlusconi. Cohen creo que foi consciente disto e evoluíu cara ao zen, esa solución dos mollonarios que desprezan a filosofía. Por iso ese High holly one ao que se menciona en The Window, que é unha canción mística. Erotismo e misticismo son, ao fin, as dúas caras da mesma moeda. Mais todos estamos atrapados nunha gaiola da que é imposible saír, empeñados en buscar e buscar unha porta que se deixe abrir. Desde a Illa de Arousa co sol reflectíndose na pantalla. Debe ir o texto cheo de erros.