siamesendo una altra volta

Prevenuti

2 pensamentos sobre “siamesendo una altra volta

  1. Un texto magnífico. Do mellorciño que teño lido en moito tempo. Non o coñecía porque é anterior ás miñas visitas frecuentes ao seu blog, ou acaso non. Desculpe a miña ignorancia ou, en todo caso, o meu despiste.
    Para min evoca un conflito irresoluble entre o real e o simbólico, entre o tanxible e o lingüístico.
    Digo isto porque, por unha banda, bota man dunha retórica do auténtico (a confesionalidade, a apelación aos vínculos familiares, a captatio benevolentiae da voz enunciadora construída como antiheroica, a presenza actancial dos seres amados…) e, por outra, encobre algunhas ilusións, tamén propias das poéticas máis actuais (a non renuncia á construción do eu ficcional en paralelo con toda a batería de datos reais, o forever young temático convertido en imperativo ético…). De todo xorde unha tensión entre o real posible nun tempo dado e o real inesperado acontecido anos máis tarde. E a renuncia delirante, final, a envellecer. O posible e o inesperado, as dúas espadas do acontecer. E a revolta contra o acontecer.
    Hai tamén unha dramaticidade que ten moito que ver co seu carácter de “verdadeiro”, non no sentido de que haxa verdade fóra do texto senón no sentido de que só hai verdade dentro da linguaxe. Esta dramaticidade, versicular, recorrente nos recursos apelativos e na narratividade da evocación, ten que ver coa necesidade de verosimilitude e sitúa o texto nese límite do poético-dramático, o que o fai moi peculiar, vincúlao con Pavese, co último Cunqueiro, con Álvaro de Campos…
    Estamos a falar dunha dramática do acontecer. Ou mellor, da dramática do acontecer como vertebradora do Eu.
    Curioso que o seu Eu sexa dramático e non épico. Acaso un trazo feminino na súa escrita.

  2. Son a primeira sorprendida. Para min só é un vello texto que emprega a raiante confesionalidade. Pero afágame frecuentar os mesmos bares textuais que Pavese, o último Cunqueiro e Álvaro de Campos… nada menos! Uf, “non sei qué poñerme.”

    Dramática e non épica. Curioso si. Hai tempo falei con Emma Couceiro de procurar unha especie de épica íntima nos poemas. Pero tal e como o enuncia… a épica é masculina e a dramática feminina? Por que? A épica é triunfante? Bélica? Non sei. Épica é tamén a unha loita que non se acaba nunca, mesmo unha loita contra o tempo.

    Grazas pola hermenéutica

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: