casa de citas XXXVI

Nesas andamos, máis ou menos. Por culpa desa demanda punxente de grandes escritores todos os recén chegados semellan saídos dunha cámara de torturas: dópanse, lábranse, fustríganse; queren estar á altura da súa época. E o crítico, pola súa banda, non cede: custe a quen custe, descubrirá, ese é o seu cometido –esta época non é coma as demais-, precisa todas as semanas algo que ceibar no ruedo a toque de trompeta.

Julien Gracq,  A literatura como bluff

tradución diferida de EE

Deixar un comentario