home. muller. café

Un home e unha muller sentados nun café. Mirándose aos ollos e moito tal. Alguén bota zucre, remexe ben. Bébeos.

Un home e un café sentados nunha muller.

Un home e unha muller sentados nun café. Sendo imaxinados por unha muller e un home que sentan noutro lugar, non se ve ben, pode tratarse dunha tetería.

Un home e un home sentados nun café. Pasa unha muller.

Unha muller e un home café sentados en.

Un home e unha muller sentados nunha cociña moendo café. Empaquetando café. Vendendo café. Taxando. Importando. Recolleitando café. Regando e sementando café. Un home e unha muller nus. Un home e unha muller que non saben cómo facer lume. Que non saben qué facer coas mans. Dous monos sentados onda unha planta.

Dúas mulleres sen café.

Un home e unha muller reflectidos en cuncas de café. Ondulantes. Concéntricos. Negros. Tóxicos.

Un home e unha muller sentados nun café. O café está morno. O café está abandonado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: