fame nejra, humor nejro, semana nejra

LABoral Centro de Arte y Creación Industrial, Edicións El Gaviero e a Semana Negra de Gijón organizaron hai unhas semanas o II Certame de Poesía Serie B, un premio para un só poema que aborde temática considerada serie B: terror, ciencia-ficción, western, policíaca… Non existe na actualidade ningunha convocatoria semellante no panorama nacional, un certame que parta da idea de que a poesía pode diseccionarse en subxéneros e, alén diso, que considere a lírica como un xénero apto para a serie B, algo bastante alleo a ese concepto solemne da poesía como columna de mármore que se eleva e se eleva…

Por estas e outras razóns acudín cun texto centrado nos zombies, eses tenros tipos con fame nejra que devecen polos miolos dos que xurdiron. Somos comida para eles. Coa comida non se xoga. Pero coa literatura, por sorte, si.

Vese que o poema prestoulles, ou iso me fixeron crer. Así que me convidaron a Xixón, á carpa A quemarropa, para lelo a carón da noria xigante, todos cos revólveres agochados nas faltriqueiras. Grazas en fin por ennegrecerme, denigrarme, darme brea, petrolearme, en suma: anejrarme a semana.

Pinchando denodadamente aquí poden escoitar o resto de poemas finalistas e ver un fragmento do acto da Semana Negra de Xixón.

En canto ao texto, eis as dúas versións: a galega orixinal e a traducida a castelán e así presentada ao certame.

/proceso a carne humana/

Mima a túa intimidade, humano. Que vimos.
Turbas dispostas a examinar a túa crudité en carne -viva
demasiado viva- a declamar “cerebro!” todos a un tempo
humano
cun candil ata esas túas
catacumbas do teu cranio
a reiniciarte mil e unha veces -pero qué
ti logo qué crías-
coas súas noites todas dos seus días
que vimos moi, moi dispostos.

/Calade un pouco. Estades máis bos
caladiños/

Pero que crías que era isto. Mira onde queiras:
un exército armado de poetas
un universo clonado nun multiverso
do que, francamente, querida, non podo lembrarme.
Redeiras nos peiraos da túa memoria descárganse agora
a túa infancia.
Downloading, a túa infancia.

Ricas. Saborosas as infancias. Ñam. Qué adictos que somos.
Oh, perdoade a carne que nos col
ga
en cabal
ga
da en versos vellísimos. Podres de nós!
Non podemos evitalo: prestádesnos tanto:
así, de perfil e arrepío e canto
así, entre radioactivos e pitagóricos
así, sexis, si, melancólicos, tamén
/tan lendo tan lenda tan lidos
coa vosa cara de póker sobre unha chea de ósos/
Humanos, ai, humanos.

Xa estamos aquí para. Xa viñemos.

Sorbetes de miolos que estremecen de tolemia. Ai, silicios!
Estades fodida
mente
bos

/proceso a carne humana/

Mima tu intimidad, humano. Que venimos.
Turbas dispuestas a examinar tu crudité en carne –viva
demasiado viva- a declamar “cerebro!” todos a una
humano
con un candil hasta esas tuyas
catacumbas de tu cráneo
a reiniciarte mil y una veces –pero qué
qué te creías-
con sus noches todas de sus días
que venimos muy, muy dispuestos.

/Callad un poco. Estáis más buenos
calladitos/

Pero qué creías que era esto. Mira donde quieras:
un ejército armado de poetas
un universo clonado en un multiverso
del que, francamente, querida, no puedo acordarme.
Redeiras en los peiraos de tu memoria se descargan ahora
tu infancia.
Downloading, tu infancia.

Ricas. Sabrosas las infancias. Ñam. Qué adictos que somos.
Oh, perdonadnos la carne que nos cuel
ga
en cabal
ga
da en versos viejísimos. Podres de nosotros!
No podemos evitarlo: nos gustáis tanto:
así, de perfil y pavor y canto
así, entre radiactivos y pitagóricos
así, sexys, sí, melancólicos, también
/tan leyendo tan leyenda tan leídos
con vuestra cara de póker sobre un montón de huesos/
Humanos, ay, humanos.

Ya estamos aquí para. Ya vinimos.

Sorbetes de sesos que estremecen de locura. Ay, silicios!
Estáis jodida
mente
buenos.

Estíbaliz… Espinosa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: