Cunqueiro cita a Huxley a propósito de Swift: “Tantas cóleras públicas e tanta dozura oculta forman unha mestura que non é propia dun home feito”.
O habitual é que a xente sexa moi doce en público e colérica en privado? Prefiro o estilo Swfit.
…Estíbaliz Espinosa… palabra ciencia canto
✍ astronomía | literatura | ciencia | música
Cunqueiro cita a Huxley a propósito de Swift: “Tantas cóleras públicas e tanta dozura oculta forman unha mestura que non é propia dun home feito”.
O habitual é que a xente sexa moi doce en público e colérica en privado? Prefiro o estilo Swfit.
O habitual encolerízame,… o vitimismo, o ruido sen unha razón íntima, encolerízame ocupar con palabras os espazos que lle corresponden ao silencio e tamén a palabra silenciada polo medo.
As estrugas, os vermes, os muros e as palabras bárbaras amánsanme, resintonizan o meu ritmo e obríganme a lembrala razón pola que quero seguir adiante. Ten que ser algo suave e vencible polo tempo para poder desbota-lo algún día e atopar novas palabras bárbaras ou estrugas que me fagan outra vez retroceder un instante, e outra volta mais, e outra….
“Ten que ser algo suave e vencible polo tempo”. Estrugas e vermes. Na pequena gran cidade estamos lonxe dos seus ritmos e cremos que todo é eterno. Muros hai en todas partes. E palabras bárbaras tamén. Moitas delas nos muros.
Grazas polo teu tempo, polo pequeno mimo que é deixar un comentario.