Curiosidade. Poemas

Tras varios anos sen publicar un libro de poesía individual en galego, acaba de saír na flamante Aira Editorial «Curiosidade», unha reivindicación do osíxeno da ciencia e da poesía como parte da nosa maneira de estar no mundo, dar coa lingua e coa palabra, abrazar o estraño, curiosear no que somos nós e no que NONSeguir lendo “Curiosidade. Poemas”

xenealoxía de algo feminino

Penduro a tradución a castelán de «Os poemas da Bela Dormente», un ciclo de 4 textos publicado no ano 2001 no meu libro -orama, orixinalmente en galego. Dedicara cada poema aleatoriamente a 4 mulleres moi achegadas a min naquela altura, 4 amigas. No subtexto, a intención era deseñar unha xenealoxía do feminino, unha xenealoxía doSeguir lendo “xenealoxía de algo feminino”

¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?

Este verán tiven o privilexio de estrearme na web de Principia cun artigo sobre claroscuros en astronomía e poesía e sobre o grave problema in crescendo da contaminación lumínica. Acompañáronme nesa incursión o ilustrador Álex Falcón, e os fotógrafos Oriol Jolonch, Sandra G. Rey e Óscar Blanco, así como o astrónomo e ilustrador Tyler Nordgren. QueSeguir lendo “¿Cuánto hace que no ves la Vía Láctea?”

de illas curiosas e traducións: San Simón

Estes días celébrase o Festival Sinsal en San Simón, unha illa do concello de Redondela, na estroboscópica ría de Vigo: lugar con enigma, por pouco inaccesible. Un paraíso singular, como o é ese festival musical que acolle: cun cartaz de músicos descoñecido até polos propios asistentes, xusto ata chegaren alí. Esa illa curiosa, denominada oficialmenteSeguir lendo “de illas curiosas e traducións: San Simón”

un poema neandertal

Un poema neandertal -finxidamente neandertal, dende logo- do ano 2003 que  incluíra en Zoommm. Textos biónicos e que hoxe comparto traducido a castelán. Como toda boa tradución non será idéntica ao orixinal. Para este texto puxen en práctica unha técnica de interpolación de texto propio con textos adaptados extraídos, neste caso, de publicacións científicas (versosSeguir lendo “un poema neandertal”

Notas á OSG: Haydn, Bruckner e o éxito

Os pasados 28 e 29 de abril, a Orquestra Sinfónica de Galicia interpretou pezas de Haydn e Bruckner. Lendo sobre eles, as súas vicisitudes vitais, e sobre o que significan e como se combinan éxito e sorte, artellei estas Notas ao Programa: Abono 20: Haydn e Bruckner (Podes ler todas as Notas ao Programa daSeguir lendo “Notas á OSG: Haydn, Bruckner e o éxito”

Roteiro Literatura Ciencia 2016

☞Crónica 23 de abril de 2016 Hai un ano, polo Día do Libro, participei nunha entretida iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega: un dos Roteiros Literarios que argallan cada tempada polas rúas da cidade e as páxinas dos libros, convidando a alguén vencellado coas letras como cicerone. Pola miña banda, tratei de artellar aSeguir lendo “Roteiro Literatura Ciencia 2016”

Notas á OSG: infancia, troula e requiem

Podes ler todas as Notas ao Programa da Orquestra Sinfónica de Galicia que asinei nestas últimas 7 temporadas, en galego e castelán, nesta esta páxina. ABONO 15: MAURICE RAVEL, JUAN DURÁN, GABRIEL FAURÉ. Concertos do 17 e 18 de marzo de 2017 A nosa orquestra ten 25 anos. Moza garrida. Convídanos a irmos «de troula»,Seguir lendo “Notas á OSG: infancia, troula e requiem”

Poesía ao Día

Ao fío deste necesario artigo de Luna Miguel en PlayGround, lembro que hoxe, Día da Poesía, é un día, malia todo, cheo de sentido. Non só pola relevancia de certos textos en si, senón porque principalmente  a poesía significa elixir unha voz, un ton no que dirixirnos ao mundo e  recibilo, e coido que moitas mulleres eliximos esa canle de expresión porqueSeguir lendo “Poesía ao Día”