líbridos

Refrescalofriante lectura para un verán de serie B. Hiperhíbridos, de Pablo Gallo. Textos pespuntados e remachados por Basho Bin-Ho.

Moitas posibilidades dá a vella combinatoria unha vez pasada pola pedra pop da literatura. Retranca, остранение, estrañamento, absurdo, permutacións patafísicas, collage estrambótico, fotos de grupo, desproporción, pavor, noxo, punch, curiosidade. Morbo. Velaquí uns petiscos:

abrindo boca, Lispector
liñaxe sanguinolenta
icona de postre

Eloy Fernández-Porta desglamurizando, desmaquillando, espeluxando á literatura no prólogo: “Dende o abrente da era moderna a arte da ilustración puxo a énfase na disparidade entre o verbo esencial do escritor e as súas necesidades e querelas, tan terrenais. A literatura sempre existíu no mercado […]

[…] Na sociedade de consumo o escritor é un produtor de vida interior. A función que se lle asignou é a de xerar aquelas cualidades inmateriais -psicolóxicas, sensitivas, morais seica- que, dun xeito reverencial e cun aquel de superstición, seguimos a asociar ao formato libro.”

E, como é habitual, El Gaviero -editorial coa que publico neste outono- serve na súa colección anfibia [Salamandria] un libro-fetiche. Obxectos que nunca se len igual. Nunca no mesmo sentido.

A curiosidade abre o libro, di o eslogan dunha campaña de lectura da Fundación Sánchez Ruipérez.

Abride aló por onde queirades.

Ad libritum. 

3 pensamentos sobre “líbridos

  1. Mágico como sus libros, señor Nortub.

    Sí, estos Hiperhíbridos andan por ahí segando cabezas literarias a su paso y poniéndolas sobre desprevenidos cuerpos. Ande con ojo, que también puede tocarle a usted.

    Un saludo, Álex.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: