o Circo Lorza de Guiti

Da pasada edición de Viñetas dende o Atlántico saín cunhas dedicatorias nos libros máis aló do esperable. Nada de Con agarimo, Espero que o disfrutes ou Cómprame tamén o segundo libro, se fas o favor. 

Ven do que lles falo?

Alberto Guitán, en proceso de
dedicatoria para Circo Lorza

O Circo Lorza de Alberto Guitián prométenos o maior espectáculo do mundo, pero tamén o menos acomplexado e o máis butifarreiro. Alí colle de todo e, se non colle, faise un escorzo na lorza e acaba por coller.  Canto lles colla a vostedes na imaxinación e que non ocupe lugar: dende homes-elefante a homes-bala, dende contorsionistas a taquilleiro-limpadoras que fuman, fakires e pulgas, zancudos e forzudos; mesmo un tal Houdino con problemas de escapismo… todos baixo a batuta do pintiparado presentador Lardini. E xa non digo máis.

Ler isto nas longas noites de verán engorda eses seis quiliños que a todos nos veñen ben en outono para gañarmos en moda trendy e repoludez.

Historia da dedicatoria:

Que personaxe do circo che gusta máis, Estíbaliz?

Mmmm, as siamesas. Hai siamesas?

Si, claro. Vai unha de siamesas

Esas siamesas acordeonistas con metabolismos dispares -e que non son idénticas ás siamesas do Circo Lorza senón só moi parecidas, polo que podemos atoparnos ante un caso de tetramesidade con separación dunha metade ao nacer- coñécense nesta casa co nome de Milla Sasemais e Vainilla sasemaiS e cantan e tocan en rigoroso directo, sen playbacks nin milli-vanillis.

Thanks, Guitián!

3 pensamentos sobre “o Circo Lorza de Guiti

  1. Bueno, o Houdino do Circo Lorza non pode nin saír do seu… en fin, non o desvelo…

    Tamén hai home-bala, si, hai home-bala. E tamén pasado de lorzas, como é de recibo neste Circo. Pouco impulso e poucos aires, o home-bala do Circo Lorza. Pero perigo moito, con certeza 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: