untares galegos

Un pouco de caldo limpo e un pouco de desconfianza nunca lle fixeron mal a naide, lembra Cunqueiro na introdución da Cocina Gallega.

Armadas con coitelada semellante, puxemos mans á obra. Á obra de Cunqueiro. E así saíron: chupiños de caldos desconfiados, guisos de touciño sen velocidade,  e quizais cravos rosalianos, extractos de prácido luar, fabas lobas á procura de lobishomes que as leven á boca, recordos de extintas mazás camoesas e outras mazás no seu lugar, mazás apalabradas, cabazas escritas, licores de guindas, arrecendo a filloa feita por muller maior capturado nun frasco, filtro de Tristán [García] e Isolda [churreira]…

E textos engaiolados e saídos da boca nosa. Textos para recuncar en Cunque e textos da nosa colleita, da de Marina [fabeira, mazá ramona] e da miña.

O xoves 17 de novembro, no mercado de Mondoñedo, a mañá toda. Para quen queira morrer envelenado.

Que cousas untamos, Marina!

Untares Galegos, E...E

máis Untares Galegos, E...E

Lobishome do Tarot Vizoso-Aneiros, na procura de fabas loba

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s