papel a punto de en Barcelona

bicing baixo a poalla
aos pes da mítica pintada

Hai uns días papel a punto de paseou por Barcelona da man da súa man de confianza, a súa man mecanógrafa, a súa man a contramán que non é outra que a miña. Voei e aterrei no Ateneu de Barcelona convidada pola ACEC [Associació Col.legial de Escriptors de Catalunya] para un recital no peche das Xornadas poéticas verbo das tradicións métricas na modernidade, tras un relatorio de Carles Miralles vertebrado en torno á capacidade de mutación dos hexámetros. A métrica: antiga, cantiga e clásica como unha esdrúxula. Se nos poñemos estupendos, a métrica é un xeito de cantar coas xemas dos dedos da man. Dunha man de confianza. Dunha man a contramán.

Alí, entre Miralles e Jaume Pons, lin textos inéditos e outros de papel

Levo unhas semanas transmutada en letra Baskerville -e Cracked- sobre Coral book ivory de 90 gramos. É unha sensación especial, case de invulnerabilidade, a de sentirse Baskerville -e Cracked- tachonada sobre Coral book ivory de 90 gramos. Levo semanas sen quitarme os ollos de enriba, narcisista e narcotizada -que polo visto son a mesma cousa na raíz- como se a Coral book ivory de 90 gramos fose o rexistro de pel completo de, quéseieu, Ava Gardner, Lauren Bacall, tan corais elas, tan ivory elas, e sobre todo – sobre todo- tan sumamente book.

E tipo Baskerville. Non podo deixar de pensarme tipo can, can fantasmagórico, e tamén Guillermo de.

E envolta en cartolina Creator Natural. Por se chove. Que chove.

Se queren máis datos técnicos asomen ao hiperespacio ata aquí. Eu perdo gracia e fol nas autopromocións.

Saúde por se a saudade.

2 pensamentos sobre “papel a punto de en Barcelona

  1. pois a min déronme gañas de cantar, inda que non de reproducirme…
    e por algunha razón especial o que fixen foi comprar….
    responsabilízome da propia reacción, se a miña habilidade para emitir unha resposta é coherente co meu propio abismo. Rematará no lume se o abismo que nos separa é insalvable, e no corazón se o abismo está sulcado por liñas tanxentes á humanidade. Logo o destino depende únicamente do abismo, que estará definido polas coordenadas, mutables as miñas inmutables as do texto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: