canica rota

Non sei que teñen as canicas, mesmo rotas, mesmo opacas, mesmo pasadas de moda. Custa botalas no lixo. Hai algo nelas de ollos, de acuario, algo de mundos en miniatura ou corpos en suspensión. Unha pouca cor encerrada en cristal. E case todas diferentes coma folerpas.

Velaquí un microcosmos imperfecto atopado na rúa, nun recuncho sucio ao pé dunha obra. Talmente un planetiña escunqueirado por un asteroide. Ou un asteroide escunqueirado sen máis. Ou un xoguete roto pero intacto na súa feitura.

Aínda roda de medio lado, é cómico vela.

Canica rota, foto propia

One thought on “canica rota

  1. Teño canicas compradas a cativos franceses nun mercado de segunda man. Unha é grande con furados, que son os accidentes xeográficos, ocorridos nalgún xogo polo chan; e con franxas azuis en espiral que son os océanos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: