Unha melodía feita por paxaros que non cantan, corvos mudos sobre uns tendidos eléctricos… ou de cómo as analoxías visuais trocan en pezas sonoras cunha pouca imaxinación sinestésica.
A sinestesia fai traballar as engrenaxes imaxinarias do mundo: tira das poleas, fainas arrecender.
O autor, Jarbas Agnelli, músico de Brasil, conta que viu a foto nun xornal e pensou como podería soar a música dese pentagrama un chisco inadvertido. A fotografía -el asegura que non foi photoshopeada- é de Paulo Pinto.
Por suposto, o resultado gañou premios e circula pola rede hai tempo. Supoño que escoller instrumentos algo orientais dálle un toque neobucólico, amable. En fin, non é cousa de analisalo moito tampouco. Escoita, pero non moito. Pégase.