tres animacións á tinta

A tinta estase a converter nun material precioso, unha especie de vinilo ou ámbar. Algo que, vaticinan, deixará de usarse e de súpeto cobra formas incribles, unha vez pasada polo debido filtro dixital. Tardará a tinta en desaparecer. Se é que desaparece.

Hai anos pendurara aquí este spot de Amnistía Internacional que puña aos alumnos en Psicoloxía das cores. Creo que un dos mellores anuncios de sensibilización que vin na vida. Protagonizado pola tinta azul, a tinta de boli bic das sinaturas. Titúlase precisamente Ink. Ink to think. Agradezo a quen me diga, con Shazam ou sen el, de quen é a música- nos comentarios de youtube din que dos Balcáns-. Sempre me gustou.

Este outro, xa con tufo máis épico-institucional, para Central China Television, seguindo as flutuacións do líquido. Que nada hai máis chinés que a tinta, parecera:

quizais inspirado nestas animacións sobre pinturas chinesas baseadas en poemas, que xa circulaban pola rede hai anos:

Por certo, no anuncio da televisión chinesa vexo un dragón en emulsión que dá paso á Gran Muralla China. Unha metáfora que xa vin petrificarse neste epopeico e diría que julesvernesco anuncio de Cartier no que tinta non hai.

Tinta tinta tinta. Tanta tinta. Tinta distinta.

Instinta. Na nosa tintatín. Tatín. Ta. Tinta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: