CO2 do carallo

Onte nunha charla no planetario local: «O CO2, ese gas a nos escarallar o clima,
podería crear en Marte unha atmosfera»

Quedamos coa bocalada de O2
a medio camiño do bronquio. Así que
o CO2 que fai infumable
pode facer habitable
o CO2, cuxa cabeza até onte tiña un prezo,
seica mañá requira almacenaxe,
distribución interplanetaria, leis e doses.
Abominable de moi preto
adorable á distancia debida.
O vilán CO2 podería ser se quixera
o heroe CO2.

Depende do lugar do universo no que campe o tal dióxido
depende do seu uso e con qué intencións.
Ti, que quitas vida, darasme a vida.

O tóxico mantense a raia como pode. Preguntádelle
aos ollos das patacas
ao sagaz perexil. Ás pastillas.
Á dixitalina coagulada no estralote.

Omnia venenum. Dáme outra galleta desas.
Entra Paracelso con pés de chumbo:
«Todo é veleno. Nada o é.»

Do mesmo xeito certas saudades
sentidas cos sentimentos axeitados
son saúde

2013

de …Curiosidade…, vindeiro libro en preparacióm

tumblr_mc4eq861HB1r2lke1o1_500

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: