un universo de película

Borja Tosar de planeta imaxinario en planeta imaxinario. “A próxima vez que vexades un neno debuxar un planeta estraño, non o miredes con condescendencia porque seguramente haxa un mundo moi parecido a ese…” Fabuleux.

Lembrades a sintonía da raiada conceptual de Planeta Imaginario [só para os moi oitenteiros]?: unha versión do Arabesque de Debussy pasada pola peneira de Isao Tomita. Pois dádelle.

2 pensamentos sobre “un universo de película

  1. Simplemente incrible, xamais pensara que este tipo de cousas tivera uns mínimos visos de acadar unha base científica.

  2. Si… parece que a ciencia vai pouco a pouco dándolle a razón a certas ideas da ciencia-ficción. Ou iso queremos!
    Calquera charla de Borja Tosar é fantástica. En sentido literal -e tamén en sentido figurado-

Deixar un comentario