Presentación Curiosidade no Planetario da Coruña

Mañá presentamos Curiosidade no Planetario! Acompañaranos a Libraría Lume con exemplares… E xa sabedes que no Planetario a noite sempre acompaña… Acompáñasnos?

piano e poesía do premio Afundación- Pen Galicia. As neuronas irmás

Recital de poemas e música de «…as neuronas irmás…», XV premio de poesía Afundación-Pen Galicia, acompañada ao piano por Isabel G. Alonso, que interpreta a Satie, Einaudi, Debussy, David Bowie, Antony and the Johnsons e Bach. Entrega de premios celebrada o 9 de maio de 2018 na Sede de Afundación da Coruña.  

Loving stars

A estrea inminente da película Loving Vincent e este gif cautivador fixéronme lembrar un estupendo artigo do astrónomo John C. Barentine que traducira a galego hai un ano para a Agrupación Astronómica Ío. No texto, un dos ceos nocturnos de van Gogh, entre outras pezas de arte occidental, serve para dar conta de algo queSeguir lendo “Loving stars”

Notas para a Sinfónica 25º aniversario: Bartók e planetas

A Orquesta Sinfónica de Galicia comezou a tempada do seu 25º aniversario ao grande: Béla Bartók falado e refalado, disertado e rifado por Frank Peter Zimmerman e mailo clásico dos Planetas, de Gustav Holst. Tiven a gran sorte de que me encargasen as notas deste programa  (non hai como obter retribución por facer algo que nos encanta) eSeguir lendo “Notas para a Sinfónica 25º aniversario: Bartók e planetas”

7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno

Velaquí o comezo da tradución doutro artigo da web da International Dark-Sky Association. Podes ler o artigo completo na web de Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. E seguir o fío doutros artigos similares descargándoos en pdf dende aquí. 7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno Tradución de Estíbaliz Espinosa do artigo 7 pieces of Art inspired by theSeguir lendo “7 obras de arte inspiradas polo ceo nocturno”

Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite

Estes días traducín un texto da  IDA (International Dark Sky Association) para a Agrupación Astronómica Ío, grazas á mediación de Martin Pawley e o seu interese e compromiso por reducir no posible o impacto medioambiental da contaminación luminosa nas nosas cidades. Deseguido, un cachiño dese artigo, Eyes in the Sky: Exploring global light pollution with satelliteSeguir lendo “Ollos no ceo: explorando a contaminación lumínica global con mapas por satélite”

un universo de película

Borja Tosar de planeta imaxinario en planeta imaxinario. “A próxima vez que vexades un neno debuxar un planeta estraño, non o miredes con condescendencia porque seguramente haxa un mundo moi parecido a ese…” Fabuleux. Lembrades a sintonía da raiada conceptual de Planeta Imaginario [só para os moi oitenteiros]?: unha versión do Arabesque de Debussy pasadaSeguir lendo “un universo de película”