Suman 29 as voces que elixiu e editou a escritora e xornalista Luna Miguel para o volume Sangrantes [ed. Origami, 2013], 29 como os días dunha lunación, 29 como os días dos ciclos menstruais dalgunhas mulleres que coñeceredes, aínda que iso non interese [“Non me contes a túa vida, non me contes a túa regra”].
Moi probablemente, cando Luna nos suxeriu colaborar con algúns textos co sangue como leitmotiv, moitas pensamos na regra. Non necesariamente. Ou non só. Pero moitas.
Creo que a primeira regra do club das mulleres -e si, o paralelismo é coa película O club da loita– é que non fai falta ter a regra para ser muller. Menstruar suporía unha condición sine qua non demasiado estrita e deixaría fóra non só partes fabulosas dunha vida, como a infancia e a madurez, tamén a quen chega a muller cun XY dentro.
Con todo, ese granate viscoso que nos acompaña a moitas ao longo de boa parte dos anos é algo tan primordial e, á vez, repelido durante xeracións que cando se nos pide un texto sobre o sangue, o tema flúenos case como sonámbulo. O tema e os temas colindantes: maternidade e non maternidade, irmandade de xénero, sangue animal… Por sorte, nas 29 voces dá tempo a repasar moitos aspectos do sangue. Son bastantes cristais de microscopio e todos miran desde un ángulo distinto.
No libro pululan:
Cristina Peri Rossi
Jeannette L. Clariond
Chantal Maillard
Ada Salas
Angélica Liddell
Teresa Domingo
Maite Dono
Marta Agudo
Rocío Cerón
Julieta Valero
Estíbaliz Espinosa
Miriam Reyes
Olga Novo
Begoña Callejón
Leire Bilbao
Ana Gorría
Laia López Manrique
María Ramos
C.L. Andrada
Elena Medel
Natalia Litvinova
Layla Martínez
Berta García Faet
Laura Rosal
Eba Reiro
Clara Bueno
Sara Torres
Agostina Ciccone
Sandra Martínez

Aquí pendurei unha parte da miña achega hai uns meses, en galego -no libro aparece en bilingüe-.
De seguido, recollo un verso solto de cada unha de nós, das 29. Capilares soltos que traduzo ao galego e seguen a orde de aparición de cada poeta no libro [cronolóxica por data de nacemento]:
«selo sagrado/cálices xémeos»
«Entrar á espesura non nos fai cervos»
«tan habitada, tan ocupada por ese ser que sinto tan outra»
«E non os aloumiño/ porque morden»
«eles só ven as folerpas/ E son preciosas»
«das flores, o pétalo queimado»
«Ferverei o meu sexo dourado en tarteira de barro»
«A nai e o vulto da linguaxe»
«O clan é unha visión sen argumento outorgado»
«Ninguén escapa: fusa, branca, pentabeleza/perpetua»
«unha cousa mundial, premenstrual e peluda»
«Pola súa beleza son un costelar pendurado para a venda»
«Porque vou en min catapultada a un misterio»
«Nacín tantas veces que mutilei o meu corpo o dobre do tempo»
«que terminarei os meus días aberta de pernas»
«bordada e desbordada»
«Imaxino ao animal: é un pobo mergullado baixo a auga»
«É un zumbido de campá/ a vibrar eternamente/ tras os meus ollos»
«Sei que respiro a vosa ficción»
«alégrate, que sobre os azulexos da cociña a túa filla sinala o seu camiño»
«se me achego a un deles, se son quen de facelo/ farame un corte invisible»
«Non poden sangrar pero poden saciar a súa sede no veleno das enredadeiras e calmar a súa fame nas hortas de membranas»
«enid blyton implantaba o canon do verán no meu tímpano/ e eu quería ser como jorge»
«E sempre nena, e sempre e sempre»
«e faime presenciar os seus procesos florais»
«o teu corpo está preñado /de experiencia, non ti»
«e canta máis fondo/a que máis sofre/ para escorrentar a doenza»
«onda residuos de outonos pasados/arañeiras secas e sangue»
«Volvo a través da textura do meu sangue derramado»
{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{{}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}}
Na contracapa dise -traduzo-:
«O que o lector atopará en Sangrantes é un catálogo de reflexións dende a poesía a propósito dun tema tan vulgar como é o sangue (menstrual, imaxinado, ou o ventre, ou a maternidade, ou a enfermidade mesma). Non unha antoloxía de mulleres e para mulleres senón un repaso a este tema literario tantas veces tratado e en tantas ocasións malinterpretado ou desprezado, a través das voces -de mulleres, agora si- máis representativas da literatura contemporánea, así como as máis prometedoras de entre as mozas creadoras en lingua castelá.»
¡Qué precioso homenaje! ¡Tan tú! Intenté encontrar tu e-mail pero no lo logré. ¿Podrías mandármelo a bgarciafaet@gmail.com, por favor? Tus poemas, maravillosos. Mis favoritos junto a los de Olga Novo y Elena Medel. Muchos besos.