O poema que escribín para acompañar as fotografías de Joana que metín nas placas de Petri -tamén fragmentos deste poema aparecen dentro de placas de Petri-:
[in vivo ]
I
a placa évos redonda coma un nobelo
transmite
transmuta
un fío de rexeneración en rexeneración
[…] cos característicos cristais en forma de agulla, presentando a típica morfoloxía «coliflor». Esta morfoloxía é indicativa do carácter biactivo destes materiais e a súa posible aplicación na enxeñería dos tecidos óseos […]
filla de costureira
debaixo un botón tón tón
brota un tecido louco por estarche vivo
crisálida erecta de crista de galo
arquitectura en hidroxel
para o xeonllo da túa avoa que cae a terra e pide
por favor
ser máis avoa
ser aínda polea
gancho entre terra e ceo
un pouco máis pide
por favor
O grupo de condrocitos e a súa matriz forman un territorio cartilaxinoso […]
a placa é redonda coma un cu
un pezón que aleita
célula madre [- selva, -perla]
con leite de condrocitos para
millóns de cartilaxes futuras
xelatinas de cóbado
remolachas de ombro
xeonllos que caen a terra e piden
por favor
se alzar un pouco máis
{un case nada máis}
coserse unha aresta máis ao ceo
fillos de sutura
entre dous abismos cun aquel de cicatriz
Chondrocytes present a rounded morphology and have a defined pericellular matrix containing collagen II fibrils and abundant collagen type VI and proteoglycans
oh, células madreña
oh, matriz de sofraxe
oh, perna entre perna
bastarda dunha cartilaxe en flor
polo poder do polímero eu dígovos, ai, a febre
de saltar un pouco máis
por favor
por fervor
por qué non
fillos de costureira
durmidos no oco de xeonllo da avoa
un berce ancestral
baixo a enxeñería en tons flúor
do laboratorio in vivo do cosmos
Este traballo de investigación baséase na produción e caracterización de sistemas
intelixentes implantables.
querida placa de Petri:
por qué non
II
Collagens are the most abundant proteins in the mammals
as constelacións péganse con coláxeno de xeonllo ao noso cranio
rotan desde alí
ao ritmo dunha espiral hormonada, coma se Fibonacci
nos patease os seus números a gritos
ou un factor de crecemento ou euquései os nomes
dos fillos que nunca terás del
{de qué el?}
feitos do seu xeonllo roto aparafusado no chan.
A hedra gabea por ese xeonllo roto
{a que vén isto?}
a hedra por un poema que de súpeto
fala do que non debe
e entón ♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣♣
[o que non se le non existe
existimos na medida que lemos
que escribimos o qué]
e esa medida expande como tecido spandex de avoa
posto a secar na trandeira de orella a orella
e algunha vez seredes avoas, todos levamos unha dentro
pequeniña e miope
avoas en terra
pedindo un pouco máis, un algo máis de membrana rebentada
virando coma iris en transo sobre o microscopio
redondas
redondísmas
redón de dón de onde
velaí a súa marca
a marca
dun só xeonllo na praia hacia infinito
A Enxeñería de Tecidos (IT) e a Reparación Direccional de Tecidos son áreas
científicas en desenvolvementos avanzados, que pretenden ofrecer solucións primordiais na reparación e substitución parcial ou total de tecidos e órganos seriamente danados ou disfuncionais
aparafusados á terra tanto
como ao signo ou divisa celular do infinito
querida placa de Petri:
ficando
Estíbaliz… Espinosa, 2013
Textos en cursiva extraídos de Smart systems for tissue engineering: combining natural and synthetic origin polymers, tese doutoral de Joana Magalhães
One thought on “Joana in vivo {3}”