outra crítica de Cantos dende a marxe

Unha pequena crítica do concerto-recital «Cantos dende a marxe» celebrado o 18 de maio de 2013 no Teatro Colón, como peche dos actos do Laboratorio Teatral. A recensión apareceu no blog Viaxes O Lóstregho:

E para rematar a semana das Letras Galegas no Teatro Colón da Coruña houbo un concerto chamado “Concerto nas marxes”, bastante peculiar pero moi interesante.

Os músicos eran os mesmos tres que actuaban a obra “As marxes da desgraza”: Ignacio Muñoz ao piano, Marcel Chirilov ao clarinete e saxo, e Patxi Valera á percusión. E á voz, a impresionante Estíbaliz Espinosa, que recitou poemas e cantou, en todo canto rexistro se lle puxo diante.

Para os millóns de seguidores deste blog non será ningunha sorpresa lerme que non me gusta o jazz, e está claro que se este grupo estaba cerca dalgún estilo, era dese. Pero a pesar diso, a música soou moi ben e foi tremendamente variadas.

A ver, así que eu lembre, comezou con “Space Oddity”, de David Bowie, despois foi unha peza xaponesa tradicional, despois pezas galegas, brasileñas, portuguesas, caboverdianas, estándares de jazz que saen no musical “Sorrisas e bágoas” (que eu vin en Madrid o mes pasado), etc. Ou sexa, tan variado que malo sería que algo non gustase, e a min gustoume todo (ou case).

Saúdos.

Foto cortesía de Alejandro Martínez
Foto cortesía de Alejandro Martínez ©

Outra crítica aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: