baixo o único ceo que hoxe non vai chover

Escribindo sobre o ceo levamos moito tempo. Que se as Pléiades, que se Orión, que se o Setestrelo… A medida que se descubren obxectos e teorías ímolas incorporando á literatura: contos de relacións de parella que de súpeto falan de púlsares, poemas sobre a materia escura, expresións como Big Bang por doquier. Para o recital «…escrita no ceo:» esmelgamos algúns textos de poesía, divulgación científica, haiku, novela ou mesmo series de televisión, batémolos con algúns temas musicais acerca de viaxes interestelares e a macedonia resultante acontece este sábado, 4 de xaneiro, no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, ás 20:30 h. cunha entrada de 2 euros e unha duración aproximada de 1 hora.

As entradas poderán adquirirse o mesmo día ou tamén o 2 e o 3 de xaneiro na propia casa das Ciencias.

Unha lectura compartida de textos sobre o ceo. Pero baixo o ceo. O do Planetario. Con música en vivo.

E tendo en conta que o Planetario é o único lugar da cidade no que o son viaxa a anos-luz de distancia, rebota e volve,  para esta viaxe levamos:

Textos de Carl Sagan, Wislawa Szymborska, Walt Whitman, Stanislaw Lem, Rosalía de Castro, Richard Feynman, Pablo Neruda, Kobayashi Issa, Omar Khayyam, Sei Shonagon, Susana Benet, Bender B. Rodríguez, Roy Batty…

Música [David Bowie, Vítor Ramil, Roberta Flack, Julie Andrews…] e ruidiños de aquófono, percusión, piano e sintetizadores a cargo de Patxi Valera e madamme cell. Idea, voz, selección e tradución de textos de Estíbaliz Espinosa.

Grazas.

Un cartaz aquí

Screen shot 2011-06-05 at 2.50.23 PM

One thought on “baixo o único ceo que hoxe non vai chover

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s