Un petisco do que pasará esta noite no Planetario. Haberá auga, haberá sons, haberá viño, haberá cazapos, haberá escrita. Haberá ceo.
☞ Cando escoitei o astrónomo erudito
Walt Whitman
Tradución de Estíbaliz Espinosa
Cando escoitei o astrónomo erudito;
cando as probas e as cifras aliñáronse en columnas diante de min;
cando me mostraron os mapas celestes e os diagramas para sumalos, dividilos e medilos;
cando, sentado, escoitei a conferencia do astrónomo e o sonoro aplauso da sala,
de pronto sentinme farto, sen motivo;
e levanteime e marchei a pasear só por aí
no místico e húmido aire da noite para, cada pouco,
contemplar en perfecto silencio as estrelas.
ademais de barbas, era grande (por diversos motivos)…