tecnoloxía disruptiva

/tecnoloxía disruptiva/

Ánimo. Neste mundo unha nace e se desnace
coma se nada.

Se sempre e se desempre cada dous por tres.

Rómpese e desrómpese
e a vida segue ás veces.
Outras, garda elocuentes silencios.
Fumea en neve.
Desdise tinta.
Aparécese en estómagos baleiros
como un espectro de estrela que foi.

Coma se nada.
A dalo todo.

E a Terra pinchada no seu eixo había xirar sen nós
sen reis, expertos fiscais, pitonisas ou ex.

Ánimo, animal. Neste mundo
a sede bebe da sede
a fame esfamea
e todo refaise nun pechar con chave
e reabrir de ollos.

Ollos para desfollárense
sobre unha vea soberbia.
Vida ávida de desvivirse.
Un sendiós.
Un tododiós.

Os nosos ollos en ámbar:
que che parece.
A nosa lingua.
En ámbar todo é posible aínda.
Até a desabellada política
sen brazo social.

Fai favor
desfaite para acaer máis feita
descomponte para redobrar
a dita e a desdita a babor e a estridencia

Ai, desencaixa como poidas
sé e non sé Pandora
euquesei
no segundo previo a se abrir a si mesma na caixa
[e sae o gato dun físico morto]

Ánimo. Non se sabe. Non se desabe.
Non todo está perdido cando está perdido
o desencontro é de sobra o lugar
onde nos coñecimos;
a singularidade
obsesionada
cada vez máis
e máis
pluricelular

decembro, 2013 [de curiosidade, vindeiro libro en preparación]

mcnaught-7

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: