a primeira vez que vin a túa cara


Cantar ás escuras é ben máis cómodo para os que teñen pavor a ser observados. Qué tranquilidade botar a pastar a voz nos coros impracticables das igrexas ou en lugares sen grella de focos, en tebras, como o Planetario. É como unha modalidade do shoegaze: o cosmogaze.

Enlazo un adianto da gravación do recital sobre astronomía do pasado 4 de xaneiro do 2014 no Planetario da Casa das Ciencias, con aquófono, piano, sintes e caixón.

The first time ever I saw your face foi un dos catro temas que eliximos para interpretar en plan cover [a súa versión máis coñecida, e seica a suprema, é a de Roberta Flack]. Fala de amor, do amor romanticón, si, dese amor petrarquista obsesionado co rostro e a súa comparación cos astros, pero tamén dun ceo infindo e da escuridade e do corazón dun paxaro pequeno que latexa rítmico, como o caixón que tocou Patxi.

☞Aquí pódese escoitar parte desa noite: https://estibalizespinosa.bandcamp.com/album/escrita-no-ceo

Esa especie de ondas de praia que igual sentides de cando en vez no medio do tema, lógranse cun Ocean Drum de xoguete que me emprestou Patxi e que, queda claro, era a primeira vez que eu perpetraba.

A letra vén dicindo, grosso modo:

A primeira vez que vin a túa cara
pensei que che amencía o sol nos ollos
e que a lúa e as estrelas eran agasallos que ti lles facías
á escuridade e aos ceos infinitos, amor.

A primeira vez que che biquei nos labios
sentín que a terra se me movía nas mans
como o corazón palpitante dun paxaro cativo
que estiver ás miñas ordes, amor
que estiver ás miñas ordes.

A primeira vez que vin a túa cara, a túa cara
a túa cara. A túa cara.

tumblr_mzj4uk0JFx1qz6f9yo1_500

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s