conto cativo de Amy Hempel

:: o cordeiro orfo ::

Amy Hempel

Trad. de Estíbaliz Espinosa

Esfolou o cordeiro invernal morto, recolleu o seu sangue nos pantalóns para así seguir termando del, primeiro xirando os pezuños e tallando cada pata, logo arrincando a pel de músculo e óso.

Atou cun cordel o pelello arredor do corpiño do cordeiro orfo, dese xeito a desolada ovella nai recoñecería o olor e deixaríao aleitar.

Ou tal dixo.

Isto era a sedución. Esta era a historia que el me contou, de todas as historias da súa nenez na granxa que podería ter contado; el elixiu a única na que a brutalidade salva unha vida. Quería que sentise, cando el encaixaba o seu corpo no meu, que así era como eu sairía adiante: así era como me recoñecerían.

tumblr_lg8fefI7gb1qz6f9yo1_500

Deixar un comentario