poeta no meu peto- Grant Snider

tumblr_n2c3f0lJFb1qz6f9yo1_500

Un día atopei un poeta agochado no meu andel. Crin que era un trasno ou algún elfo contrariado. Pedinlle tres desexos: el declamoume un cuarteto. Pedinlle o ouro ao final do arco da vella: ficou quieto, admirando a choiva.

tumblr_n2c3f0lJFb1qz6f9yo2_500

Gárdoo no peto. Moito non me pide. Farangullas, gotas de orballo cun chisco de gin, o xornal e cousas así. Escribe sextinas nas raiolas;  haikus na lavadora; sonetos para os pardais; e verso libre para o gato.

tumblr_n2c3f0lJFb1qz6f9yo3_500

A maioría da xente non repara nos poetas. Está demasiado ocupada para algo tan cativo.

Pero eu creo nos poetas. E saio para capturalos a todos.

Grant Snider

Tradución de Estíbaliz Espinosa

Os poetas como criaturiñas do fogar. Como bolboretas. Como seres que escriben aínda sextinas e sonetos. Como libélulas delicadas, hipersensibles. Amantes dos animais. Con lentes. Despistados. Diminutos.

Aiiiiii. Grant Snider é moi riquiño. Pero aiiiiiiii.

Touché no cliché!

Deixar un comentario