television- de Todd Alcott

Televisión

Mírame. mírame. Mírame, mírame,
mírame. Mírame. Non non non, non mires
para aló, non hai nada que ver
aló, mírame, mírame, mírame.
Estás mirándome? Está todo o mundo
mirándome? Teño a vosa atención? Ben.
Non te equivoques comigo. Non trato de controlar
a túa vida. Necesitas o que? Que necesitas?
A ver, que necesitas? Ir ao baño? Moi ben.
Levanta, vai ao baño, volve,
mírame. Agora que? Necesitas
algo de comer? Estupendo. Levanta, vai
á cociña, colle algo de comer, volve,
mírame. Que queres agora, durmir? Veña, ho,
levanta, vai para cama, durme, levanta, volve,
mírame.
Perfecto. Xa pechamos o trato. Farás o que
sen escusa precises facer e unha vez feito
volverás comigo e mirarasme.
Que non che preocupe o horario. Estou aquí para ti.
Estou aquí para ti. Vintecatro horas ao día
sete días á semana, estou aquí para ti.
Estou aquí para ti. Necesítasme, aquí me tes. No bo
e no malo, ás duras e ás maduras, estou aquí para vós. Estou
aquí para ti. A xente veña a che dicir que son mala? Pois
ti dilles que estou aquí para ti. Vintecatro
horas ao día, no bo e no malo, ás duras e ás maduras, estou
aquí por ti. A xente veña a che dicir
que son mala, sabes a que me soa iso?
A van verdes as uvas.
Mira o que che –eh, eh, eh, eh, eh, non, non
mires para aló, non está a pasar nada por
aló, mírame, mírame, mírame.
Teño unha de cousas que non vas crer. Perigo? Sexo?
Acción? Morte? Arrepío? Comedia? Todiño aquí, todo
nos vindeiros oito minutos.
A que non cho cres? Non, claro. É de non crelo.
Non cho cres porque é de non crelo!
É un milagre.
Ti segue a mirarme. Segue a mirarme.
Segue a mirarme. Mírame, mírame,
mírame, mírame, mírame.

Todd Alcott
Tradución de Estíbaliz Espinosa

A versión en video de Beth Fulton, Television is a drug.

<p><a href=”http://vimeo.com/10857606″>Television is a drug.</a> from <a href=”http://vimeo.com/user791798″>Beth Fulton</a> on <a href=”https://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

libros ,bandits-book-art

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s