sapiens-paxaro

granhoudini7conhoudini3 copia Esta era Pequena Gran Houdini, a cría de paxaro -sempre crin que andoriña, pero xa nin sei- que atopara en plena Córdoba, no festival literario Mapa Poético 7.0, en 2005 e que, sen ter sabido todo iso que se explica no diagrama de fluxo de abaixo, adoptei, me trouxen a Coruña desafiando non só o sentido común: tamén todo tipo de controis de transporte.

Quen nunca roubara un paxaro crendo salvalo, non me vai entender.

Do not intervene! Dío ben claro. Pero nada, a sapiens miñaxoia interviu, vaia se interviu.

Que saiban que finou na Coruña tras atravesar media España no AVE, un control de Madrid-Barajas e un voo sen turbulencias.

Que sempre me tomou pola súa nai e ollábame como dicindo: “a ver, agora era cando me aprendías iso de voar, non? NON?”

Que a bautizara Pequena Gran Houdini por se iso lle contaxiaba un ánimo escapista…pero nada. Queríame alla paxara maniera, que é diminuta e conmovedora. E persistente.

Que se deu unha enchenta de caracois esmagados do monte de Santa Margarita antes de, ehem, estirar a patiña

E que xa sei que “eta nik txoria nuen maite”… pero non puiden resistirme a levala comigo. Caera do niño! Estaba perdida!

Comprenden a miña infinita culpabilidade?

A miña estupidez de sapiens?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: