radiación ionizante

Radiación ionizante

Agardamos polx poeta.

Aos tombos, entran un par de pés
que corren sen pensar. Pode que de primeiros, si,
pero pouco certeiros.

Chega unha boca enxoita ensalivándose a si mesma:
«Di que son a mellor poeta viva».
Convidámola a 80 talladas de sandía:
así, caladiña.

Aos poucos, unha man solta a manipular xornalistas
e monopolizar medios. Esta luva de la
afogaráa por unhas horas.

X poeta segue sen deixarse
caer.

Cáense logo unha orella xorda
unha vesícula enchoupada en premios
unha polla resesa
unha uña impaciente
unha idea copia doutra idea
que copiou a outra de máis alá
-e non pode parar de crear
un corazón sen aves
ollos sen espiñas
embigos voltos o cu do mundo.

Células que só falan
do ideal que é ser mesmamente célula
ou familia de células.

Chega un cóbado con moito verso sobre liberdade
o mesmo cóbado cravado logo en costelas flotantes.

Fiuuu! Aterra un avión de papel
desprezando todo contido que non navegue
en papel.

Dx poeta, ren.

Pero sabemos que existe. Lémolx de cando en vez.
Sabemos que nalgures, dende calquera, hoxe ou mañá
ábrese paso o que ten que ser
para que así sexa.

Moito nos tarda.
Quizais anda entretidx co ollo posto
no telescopio
nunha bacteria fucsia
no cromosoma dun cromosimio
en todo o que para elx é un irmán
e un imán.

Saímos do cuarto de espera
baleiro e enfastiado
feito unha cámara de néboa
en pura radiación.
Afastamos uns pasos…

Oídes? Ao outro lado da porta
alguén canta.

Estíbaliz…Espinosa, 2015

achmed1
O príncipe Achmed, de Lotte Reiniger, 1926

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: