Escribo isto. O concepto de autor. Esa fráxil porcelana que aparece no Renacemento. Cando alguén sexa o artífice dunha obra pictórica, por exemplo, escribir no reverso ou nunha esquina do lenzo: Fulanitus me fecit. Fulanito fíxome. Estíbaliz fíxome. Pouco elegante? Talvez. Defendo a beleza plástica das Anónimas. Mais cando son os demais os que seSeguir lendo “Estíbaliz me fecit”
Arquivos de autor:estíbaliz...espinosa río
Simulatrice
Cando naceu este blog, tamén denominado bitácora, bloj ou bló -segundo cómo queiramos aparecer ante o grande público do circo– a criatura mecánica que se confesou culpable do mesmo manifestou nun mail que existía unha lista de temas a tratar, lista na que figuraban “- ademais da galaxia Andrómeda, cosmética e os trens– a biomecánica,Seguir lendo “Simulatrice”
Escarnio dolce (inda pódese apretar máis…)
Non adoito falar do que me sucede día a día. Desgústame ese biografismo de diario. Esa imposición. Apenas deixo datos aquí de quén son ou ao que me dedico. Gústanme as biografías que planean pola vida dos individuos dende a estratosfera. Non as que descen demasiado ao cotián. E se descen demasiado ao cotián, queSeguir lendo “Escarnio dolce (inda pódese apretar máis…)”
Azafrán Cibernético e Púrpura de Sangue Caído na Batalla
Un home roda unha película. Elixe as abas do monte Fuji e ordena alzar un castelo que é destruído á metade do film. O emprazamento elíxese porque a terra negra de orixe vulcánica fai destacar os traxes de cores que vesten os que contenden na batalla, cores heráldicas. A terra negra vai preñada da ideaSeguir lendo “Azafrán Cibernético e Púrpura de Sangue Caído na Batalla”
Neve (II)
Post que dedico a unha María de Liége, que viu nevar, e a unha Elena de Córdoba, que non viu nevar, pero si a neve e as fotos da neve e á xente falando de cómo e qué bonita e plácida e fotoxénica estaba a neve… Neva. Se un texto calquera ou unha película calqueraSeguir lendo “Neve (II)”
Primeira lista
maríademallou convocoume a un xogo en cadea. A cousa comeza a ser obsesiva…Cincomanías que me recoñezo:1.-Facer listas de nomes2.- Sacarme padrastros das unllas. Son fillastra dunha morea de carne3.- Non reenviar os textos en cadea4.- Non acabar de parecerme a ninguén. Co pouco que dá iso de si nas reunións familiares5.- Durmir coa cabeza baixoSeguir lendo “Primeira lista”
Andromedaria
Síntome lixeiramente Galaxia Andrómeda. Ou obxecto Messier 31. En ocasións. Portadora de posible vida no seu interior. Pero aínda non se sabe… Datos de interese: tras semanas de luxurioso sol, casta choiva. Chove igual que no interior dun mosteiro, con pingueiras e con toses. Iso non impide longas tardes en camas á deriva sobre ríosSeguir lendo “Andromedaria”
Zoo Tropo
Transcribo un artigo pertencente a unha serie inédita. Non pretendo, nin moito menos, elaborar outro blog que fale de cine : 1, porque non me interesa. 2 ,porque outros fano máis e mellor. 3, porque, claramente, xa abonda. Este artigo é, sen máis, unha das miñas fervorosas listas de razóns polas que algo é algoSeguir lendo “Zoo Tropo”
Escribimos demasiado
Escribimos demasiado. O soporte do papel ás veces ponse insoportable. I escribimos demasiado. Demasiadas letras. Demasiados puntos. Todo é de máis neste 3º planeta do sistema do sol, estrela provinciana. Escribímonos para darnos a certeza de existir. A certeza de ter deixado pegada. Somos demasiados. E non temos nome. Cando un decide publicar o queSeguir lendo “Escribimos demasiado”
Extravieime nun debuxo así
Por exemplo, lévanse varias semanas coma perdida nun debuxo de Escher. Fascinada. Pero perdida.Fodida. Pero fascinada.Fascinada. Pero perdida.E debuxada. Querido Escher, mago dos posibles: por que este planeta é tan limitado nas súas formas, pobre nas súas leis físicas, esperable nas súas relacións causa-efecto? Por que nin sequera as pildoriñas (con un poco de azúcar…)Seguir lendo “Extravieime nun debuxo así”