Oh, what a funny day

Un día interesante este, o de, precisamente, hoxe. Do que aínda podo dicir hoxe sen asomo de morriña. Chega case á súa fin e non pasou nada. Aquí vivín: muller, B+, soños en cor pola noite, roupa interior, chaqueta malva, pantalóns elásticos e ganchiños no pelo. Nada. En que se pensou hoxe? Matinei un intreSeguir lendo “Oh, what a funny day”

Informe de Opia

Sospeito moito dos seres humanos. Por que lles fai tanta gracia falar deles mesmos? Unha formiga non pasaría horas vendo a outras formigas traballar coma formigas. Non elaboraría intrincadas filosofías existencialistas sobre o seu suicidio (nin matinaría nesa posibilidade), sobre o seu ser ou a súa nada. Non celebraría o día do Formiguismo. E isoSeguir lendo “Informe de Opia”

Soñan os unicornios eléctricos con androides?

Hoxe soñei cun deles. Un deses animais. Os amigos das virxes, que trascenden toda sexualidade coma bos hermafroditas. Os unicornios brancos dos tapices, das doncelas con espello de prata, dos gravados, das películas de ciencia-ficción. Un deses. A cousa ten un punto simbólico-hortera que non deixa de fascinarme. Son unha replicante, damas, cabaleiros? Con queSeguir lendo “Soñan os unicornios eléctricos con androides?”