ecuacións binomiais

we_are_so_fragile_by_blueblack.jpg
We are so fragile, by Natalie Shau

Gústame máis a voz de Ella Fitzgerald que a de Billie Holiday.

[oh, amantes do jazz, chasqueade a lingua]

Gústame máis a vida privada de Billie Holiday que a vida privada de Ella Fitzgerald

Gústame máis quedarme atrás que chegar primeiro

Gústame máis publicar aquí que en edición impresa

Isto ten algo de sexo inesperado. O outro é máis un sexo consentido e aprazado, no que cómpren demasiadas relacións públicas das que carezo por completo.

Gústame máis a biomecánica que a mecánica de coches

Gústame máis o aire frío de non ir deixarnos nunca que teñen as estrelas que o aire cálido de non ir deixarnos nunca que teñen as multinacionais

Gústame máis Coppola que Scorsese

Gústame máis Tarkovsky

Gústame máis Orson Welles

Gústame máis China que Xapón

Gústame máis Xapón que China

Gústame máis a limonada que a laranxada

Gústame máis a palabra abismo

A palabra halo

A palabra universo

A palabra infinito

A palabra palabra

A palabra animal

Gústame máis Puccini que Verdi. Por peliculeiro

Gústame máis PJ Harvey que Björk

Gústame máis o uz que as camelias

Gústanme máis algunhas mulleres que algúns homes

Gústanme máis algúns homes que algunhas mulleres

Gústame máis Clarice Lispector

Gústanme máis as olleiras que os ollares parvos

Gústame cantar porque si

Gústanme máis as tonalidades menores que maiores

Gústanme máis as latas con fotos que os álbumes de fotos

Gústame máis non citar a menos que

Gústanme máis os arrogantes antipáticos que os simpáticos solícitos

Gústame máis o termómetro de mercurio

Gústame máis Chaplin que Spielberg

Gústame máis a xente que non se vende moi barata

Gústame máis o hentai que o porno

Gústame máis este universo que aquel universo

Gústame máis o adamantium que a seda

Gústanme máis os zapatiños de rubí que as botas sadomaso

Gústame máis a sensacion de vértigo que a sensación de terror

Gústame máis Caracas que Madrid

Gústame máis a astucia có candor

Gústanme máis os corpiños fetish cá silicona

Gústame máis almorzar que xantar

Gústame máis o que me gusta que o que non me gusta. E non me gustan as obviedades nin as tautoloxías nin facer o que se espera de min

Gústanme máis os ollos separados

Gústanme máis as saias amplas, longas, que dan aspecto de dama ou buxaina

Gústame máis isto que aquilo. Observo que polo xeral acontece do revés

Gústame máis que me acariñen o lombo

Gústame máis a mentira. Polo tanto, gústame máis a verdade

Gústame máis o pulmón que o corazón

Gústame máis novembro que abril

Gústame máis o mel de braña que o mel de eucalipto

Gústame máis a xente que non ten nada que perder

Gústame máis crer en Zizek, en Sloterdijk ou en Nietzsche ou en Carl Sagan que en deus. Pero ás veces boto de menos a aquel deus da infancia, porque se cadra bótome de menos a min mesma a través del

Gústame máis Pedro Páramo que Cen anos de soidade

Gústame máis a xente da que non se fala moito

Gústame máis durmir coa cama onda a fiestra

Gústanme os ollos da xente cando sinto que me fan clic [?] Si. Podo explicalo

Gústame máis o polbo que a carne de vaca, polo, coello, pavo e, dende logo, caracol

Gústame máis esquecer conceptos aprendidos que lembralos

Gústame máis Vivaldi que Mozart

Gústame máis The Cure que Marilyn Manson

Gústame máis non ir de transgresora a menos que sexa absolutamente inevitábel

Gústame máis Ravel que Brahms

Gústame máis Futurama que os Simpson

Gústame máis a simpleza da anarquía socialista cá parafernalia despistante da democracia

Gústame máis a rede que a tele

Gústame máis César Vallejo

Gústame deberlle todo canto sei ao meu irmán

Gústame máis Ulises 31 que Heidi

Gústame máis o meu neno que calquera outro neno

Gústame máis ler certas críticas de libros que certos libros

Gústame máis curar que previr

Gústame máis Alicia que Carroll

Gústame máis imaxinar o teu rostro que velo

Gústanme máis as persianas que as cortiñas [agás se estas son pesadas e delas pódense extraer macizos vestidos de veludo verde, como Escarlata fiz]

Gústame máis Angelina Jolie que Brad Pitt

Gústame máis o meu mozo que calquera outro mozo

Gústame máis que me depile as ingles unha rapaza bonita

Gústame máis ter un lene Alzheimer para esquecer o que me gustaba onte

Gústame máis que a montaña veña a min. Sobre todo, téñolle pánico a esforzarme demasiado por conseguir algo: que mérito é ese?

Gústame máis non gustar de máis

[…]

…píntanse cores

9 pensamentos sobre “ecuacións binomiais

  1. Gústame máis dicirche que sa sacamos n’O Levantador o vídeo do teu recital na Sargadelos que non dicircho, porque non sería certo e neste caso é mellor a verdade que a mentira.
    Non atopo o teu enderezo de email, que xuraría que tiña.
    Bks
    Tati

  2. Gústame que Estibaliz Espinosa non lle guste a todo o mundo non por cuestións literarias senón persoais.
    A min sí me gusta; por ámbalasdúas razóns.

  3. Discrepo, Zeltia. Eu prefiro os arrogantes aos falsos humildes. Son moitos menos e moito menos interesados.

    Os antipáticos cáenme ben. Algúns simpáticos, pois tamén.

    Anónimo: non sei por qué, pero non levas razón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: